MIÑA TERRA GALEGA

  • por

CERVEXA ARTESANAL ‘MIÑA TERRA GALEGA’

MIÑA TERRA GALEGA é unha cervexa rubia de alta fermentación, elaborada a partir da receita das American Pale Ale que recolle a herdanza viaxeira dos galegos, cun pé na casa e outro ao redor do mundo. Cando Costas provou a CURUXA, díxonos sen dubidar, “eu tamén quero unha”. O mellor cantante do mundo ben merece unha cervexa do seu nivel. Unha cervexa viaxeira, con personalidade, rocakrolera e artista. Un tributo ao nosos mellor cantante, un tributo a nosa terra, o mellor lugar do mundo.

Características Técnicas:

  • Cor (EBC) = 8
  • Amargor (IBUS)  = 27 
  • Cont. Alcohol = 5,5% VOL

INGREDIENTES DA CERVEXA MIÑA TERRA GALEGA

  • Maltas: Pils (Aragón) e Viena.
  • Lúpulos: Summit e Citra.
  • Fermento: Sáfale 05.

Deja una respuesta